Friday 17 de May de 2024

O Concello de Ordes convoca unha xornada de conciliación para a ponte do Día das Letras Galegas


Ata o 13 de maio poderán inscribirse nenos e nenas de 3 a 12 anos

Coincidindo coa ponte do Día das Letras Galegas o Concello de Ordes organiza para o vindeiro 16 de maio unha xornada de conciliación. Especialmente dirixida a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos, as actividades e xogos previstos desenvolveranse dende as 9 ata as 14 horas. Para poder participar é imprescindible inscribirse no Departamento de Educación do Concello de Ordes, situado no primeiro andar, ata o 13 de maio como data límite. O prezo é de tan só 4 €, tendo descontos especiais para familias numerosas.
Unha vez máis a Escola ConTalento e a Deputación da Coruña participan en relación coa organización e co financiamento desta iniciativa lúdica e formativa coa que o Concello pretende facilitar a conciliación laboral e familiar nesta data de asueto.